Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29182

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO sobre a aprobación inicial do Plan especial de equipamento en solo rústico do Sporting Club Casino.

A Xunta de Goberno local na súa sesión ordinaria que celebrou o 29.5.2017 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar de forma inicial o Plan especial de equipamento en solo rústico do Sporting Club Casino que redactaron os arquitectos José Manuel Varela Castro e Antonio J. Ferreiro Novo en febreiro de 2017.

Segundo. Sometelo ao trámite de información pública por un prazo de dous meses mediante un anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Terceiro. Notificar de forma individual a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados».

Durante o prazo que se cita, contado desde a última publicación que se realice, poderase examinar o documento na Área de Urbanismo (na Casa do Concello situada na rúa do Concello, número 12, Culleredo) de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren pertinentes.

Culleredo, 7 de xuño de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 19.6.2015; BOP núm. 123, do 2 de xullo)
Diego Antonio Taibo Monelos
Concelleiro delegado de Urbanismo