Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de maio de 2017 pola que se dá traslado da proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición e restitución da legalidade urbanística POL/69/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

O 13 de outubro de 2016, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu inocar o expediente sancionador e de reposición e restitución da legalidade urbanística POL/69/2015-RP1, tramitado pola realización de obras, dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar da praia de Rabáns, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

O día 27 de febreiro de 2017, a tramitadora do expediente elaborou a proposta de resolución do expediente. Tendo coñecemento da transmisión da parcela obxecto do expediente a Paula María López García, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta ten a condición de interesada, polo que sucede o habente dereito na súa condición, calquera que sexa o estado do procedemento.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Paula María López García, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, faise saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e sirva de notificación á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela,16 de maio de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística