Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 2 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolución dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social RL 2017/0076-4 e un máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Expediente: RL 2017/0076-4.

Acta: I362017000012219.

Empresa: Conforocio Consultora, S.L.

NIF: B-94069507.

Enderezo: r/ Cobián Areal, 14-4º, porta 404, Pontevedra.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 29.1 e 12 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1, 7.5, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25.5.2017.

Resolución: multa de 6.877 €.

Expediente: RL 2017/0090-4.

Acta: I362017000019794.

Empresa: García Gerpe, S.L.

NIF: B-36299154.

Enderezo: avenida da Mariña, 16, Vilagarcía de Arousa.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 4.2.a) e f) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 8.3, 39.2 e 40.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25.5.2017.

Resolución: multa de 6.251 €.

Vigo, 2 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo