Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 2 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2015/0169-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Expediente: RL 2015/0169-4.

Acta: I362015000055408.

Empresa: Southern Ocean, S.L.

DNI/NIF: B-27727775.

Enderezo: r/ Regueiro, 8-1º D, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15.1.d) e g) e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3 en relación co número 13 do punto 1 do anexo I e número 1 do punto 1 do anexo II do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.b), 39.3.c) e h) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 25.5.2017.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción I362015000055408 e proceder ao arquivamento do expediente.

Vigo, 2 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo