Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29076

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter nacional no Concello de Sarria.

O Concello de Sarria solicitou, despois da tramitación do oportuno expediente ao abeiro do disposto no artigo 9 do Real dcreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no artigo 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, á Dirección Xeral de Administración Local a clasificación do posto de tesoureiro/a, reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional nos seguintes termos:

Concello: Sarria.

Posto: tesoureiro/a.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma de provisión: concurso.

O xefe de servizo de Réxime Xurídico e Xestión de Funcionarios con Habilitación Nacional, tendo en conta a normativa aplicable (Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, en virtude do mandato recollido na Disposición transitoria VII da Lei 27/2013, do 27 de decembro, así como polo Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos funcionarios con habilitación de carácter nacional), despois do exame do expediente emitiu o correspondente informe proposta (no cal levou a cabo a análise do réxime xurídico aplicable, competencia, requisitos para a concesión e condicións) que conta co visto e prace da subdirectora de Réxime Xurídico Local, favorable á clasificación solicitada.

Con base no informe proposta sinalado e tendo en conta as competencias conferidas polo artigo 15.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, e o artigo 1.6 da Orde do 14 maio do 2013, sobre delegación de competencias (DOG núm. 92, do 15 de maio),

RESOLVO:

Primeiro. Clasificar o posto reservado a funcionarios con habilitación nacional nos seguintes termos:

Concello: Sarria.

Posto: tesoureiro/a.

Subescala: intervención-tesouraría.

Categoría: entrada.

Forma provisión: concurso.

Segundo. Publicar esta resolución no DOG e no BOE, así como remitir a publicación á Dirección Xeral de Función Pública.

Terceiro. A presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Poderá tamén potestativamente interpoñerse recurso de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde a mesma data, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local