O Concello de Redondela convoca un procedemento para o nomeamento de policías locais en comisión de servizo.
Os ditos nomeamentos considéranse urxentes e inaprazables ao existir dúas prazas vacantes e preverse a existencia doutras tres vacantes nos vindeiros meses.
O texto íntegro dos criterios desta convocatoria publicaronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 95, do 19.5.2017, no taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web municipal (www.redondela.gal), na epígrafe de emprego público.
O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles que se contarán a partir do seguinte día ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.
Redondela, 19 de maio de 2017
Javier Bas Corugeira
Alcalde