Por Resolución da Alcaldía do 31 de maio de 2017, convócase proceso de selección para seleccionar un técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1, a xornada completa, baixo a modalidade de funcionario interino acollido á execución dun Programa local de desenvolvemento turístico.
O período de duración da interinidade comprenderá desde a data de toma de posesión do funcionario que resulte seleccionado ata o 31 de decembro de 2017.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no DOG.
As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais, na páxina web do concello e tamén saíran publicadas no Boletín Oficial da provincia.
Arzúa, 7 de xuño de 2017
José Luis García López
Alcalde