Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Noya Pereira contra Masalo 10, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a María Isabel Noya Pereira coa demandada Masalo 10, S.L. e condeno a executada a aboarlle a María Isabel Noya Pereira a suma de 12.921,83 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 6.420,57 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución. Resulta un total de 19.342,4 euros.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza