Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (153/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 153/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Arca Vite contra Estructuras Abroeira, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditaron as seguintes resolucións:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, o 22 de maio de 2017.

Antecedentes de feito.

Único. José Arca Vite presentou escrito en que solicita a execución da Sentenza nº 158/2015, do 16.4.2015, ditada no procedemento ordinario 74/2012 contra Estructuras Abroeira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e coa solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 3.870,36 euros en concepto de principal (2.821,41 euros en concepto de vacacións e horas extraordinarias, 1.048,95 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da cantidade anterior) e de 387,03 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se devindicarían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC), subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderase incrementar o xuro legal que cómpre aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución pecuniaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes ao da data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 158/2015, do 16 de abril de 2015, ditada no procedemento ordinario 74/2012 a favor da parte executante, José Arca Vite, contra Estructuras Abroeira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada, por importe de 3.870,36 euros en concepto de principal (2.821,41 euros en concepto de vacacións e horas extraordinarias, 1.048,95 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 387,03 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición que se interporá, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, e indicar no campo «Concepto», “Recurso” seguido do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social-reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a. O/a letrado da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, o 22 de maio de 2017.

Antecedentes de feito.

Único. Nestas actuacións ditouse auto en que se despacha execución a favor de José Arca Vite contra Estructuras Abroeira, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) pola cantidade de 3.870,36 euros en concepto de principal (2.821,41 euros en concepto de vacacións e horas extraordinarias, 1.048,95 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 387,03 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a letrado/a da Administración de xustiza responsable desta ditará decreto no cal se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que se lle deba facer ao debedor en casos en que o estableza a lei. Ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada, Estructuras Abroeira, S.L., co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 3.870,36 euros en concepto de principal (2.821,41 euros en concepto de vacacións e horas extraordinarias, 1.048,95 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 387,03 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, e ingrese o dito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0153 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Estructuras Abroeira, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor, ante este órgano xudicial, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta n.º 0049 3569 9200 0500 1274 aberta en Banco Santander, S.A., e indicar no campo «Concepto» “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Abroeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza