Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xermade (expediente IN407A 2016/104-2, 8413 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio Social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa 9, 27003 Lugo.

Denominación: CT/OCR Candamil.

Situación: concello de Xermade.

Características técnicas:

1. LMT soterrada Muras 1 entrada e saída a 20 kV con orixe no apoio existente da LMT aérea Muras 1 e final no CT/OCR proxectado Candamil, cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. LMT aérea Cazás a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-3000-14 e final na LMT aérea existente dirección Cazás, cunha lonxitude de 73 metros en condutor tipo LA-56.

3. LMT soterrada Cazás a 20 kV con orixe no CT/OCR Cazás e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-3000-14 LMT aérea Cazás, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RHZ1-150.

4. Centro de transformación prefabricado Candamil, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección con interruptor, as cales serán telemandadas e unha de protección de fusibles.

5. Liña soterrada de baixa tensión, con orixe no CT proxectado Candamil e final nun paso aéreo a soterrado formada por catro circuitos, cunha lonxitude de 20 metros por circuito.

6. Liña aérea de baixa tensión, con orixe no paso aéreo a soterrado e final na RBT aérea existente, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG. núm. 22, do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 19 de maio de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo