Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de xuño de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez, para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia (clave AC/16/248.01).

Antecedentes:

Para permitir a actividade da central térmica das Pontes de García Rodríguez máis alá do ano 2020, é necesario adaptar as instalacións ao requirimento da Directiva 2010/75/UE, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre emisións industriais; construír unhas instalacións de desnitrificación e desulfuración no espazo situado entre a central e a estrada AC-861, e modificar a funcionalidade da estrada autonómica, o que leva á necesidade dunha nova configuración do sistema viario.

O 6 de abril de 2017 asínase o convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería de Facenda e Endesa Generación, S.A., de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE; onde Endesa Generación se compromete a asumir o custo das obras e a Axencia Galega de Infraestruturas e a Consellería de Facenda a impulsar a actuación.

En desenvolvemento do convenio asinado, mediante a Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 5 de xuño de 2017 aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais, de clave AC/16/248.01, que ten por obxecto a adaptación do sistema viario das Pontes de García Rodríguez para optimizar a súa configuración funcional e mellorar a accesibilidade, considerando tanto a mobilidade de vehículos como a mobilidade alternativa peonil e ciclista. O proxecto recolle as seguintes actuacións:

– A transformación do treito da AC-861, que discorre entre a central térmica de carbón e o ciclo combinado de gas (entre el p.q. 26+670 e o p.q. 27+550), nunha vía de servizo que atende a central térmica das Pontes de García Rodríguez.

– A execución dunha nova vía que sirva como circunvalación do núcleo urbano das Pontes de García Rodríguez, separe a área industrial da residencial e manteña a conexión coa AG-64.

– A continuidade da rede peonil e ciclista existente, mediante tres treitos de senda: un paralelo á nova vía e dous paralelos ao río Eume, un polo noroeste e outro polo leste.

– A construción dun aparcadoiro disuasorio na contorna da Casa da Enerxía.

Tamén no mes de abril de 2017 se iniciaron para este proxecto de trazado as consultas para a avaliación ambiental simplificada por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Que, de acordo co artigo 23.1 da Lei 8/2013, de estradas de Galicia: «Coordinación co planeamento urbanístico», os estudos e proxectos sometidos aos trámites de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, unha vez aprobados definitivamente, teñen a consideración de proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o disposto na lexislación autonómica de ordenación do territorio. As determinacións contidas neste proxecto terán forza vinculante para as administracións públicas e para os particulares e prevalecerán sobre as determinacións do planeamento urbanístico vixente.

Catro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo da Delegación Provincial da Coruña (r/ Vicente Ferrer 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello das Pontes de García Rodríguez (Parque Municipal s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de trazado.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de trazado da reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes de García Rodríguez para o cumprimento por parte da central térmica da Directiva 2010/75/UE, sobre emisións industriais (clave AC/16/248.01)

Concello das Pontes de García Rodríguez.

Ref. catastral

Nome

Sup. (m2)

Ben afectado

1

15071A02801024

Endesa Generación, S.A.

695

2

2012001NJ9120N

Endesa Generación, S.A.

9.978

– 191 árbores de ribeira

– 71 árbores madeirables

– 131 mallas galvanizadas

– 74 muros de cachotaría

– 182 edificacións

3

2114001NJ9121S

Endesa Generación, S.A.

25

– 1 árbore de ribeira

– 6 muros de cachotaría

4

2714052NJ9121S

De la Fuente, Alonso Hnos.

3

– 5 árbores de ribeira

5

2714051NJ9121S

Descoñecido

40

– 17 árbores de ribeira

6

15071A02801027

Tojeiro Hermanos, S.L.

1.401

7

15071A04500011

Concello das Pontes de García Rodríguez

2.969

– 5 árbores de ribeira

– 24 mallas galvanizadas

8

2610001NJ9120N

Endesa Generación, S.A.

60

– 60 mallas galvanizadas

9

2507001NJ9110S

Endesa Generación, S.A.

1.291

– 353 mallas galvanizadas

– 43 edificacións

10

2507001NJ9110S

Endesa Generación, S.A.

4.227

– 96 árbores de ribeira

– 47 árbores madeirables

11

2507003NJ9110S

Endesa Generación, S.A.

1.343