Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28837

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica.

Por Resolución do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, con carácter definitivo, a relación das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de admisión e documentación clínica convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Médico/a admisión e documentación clínica

Presidente/a titular

Nogueira Fariña, Javier

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Secretario/a titular

López Súarez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Capella Pérez, Jaime

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal titular

Rey García, Gloria M.ª

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal titular

Castro Villares, Manuel Luis

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Presidente/a suplente

Lorenzo Deaño, José Carlos

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Secretario/a suplente

Díaz López, Manuel

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Novo Menéndez, Manuel Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal suplente

Castro Calvo, Ramón Miguel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica

Vogal suplente

Sierra Gómez, M.ª Carmen

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de admisión e documentación clínica