Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28840

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a e pediatra de atención primaria, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria.

Por Resolución do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, con carácter definitivo e por categoría, a relación das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría, no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Odontólogo/a de atención primaria

Presidente/a titular

Martínez Martínez, María Ángeles

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Secretario/a titular

López Súarez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Pena Troncoso, Antonio

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal titular

Fernández Feijoo, Javier

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal titular

Núñez Orjales, José Luis

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Presidente/a suplente

Lagarón Sanjurjo, Constantino

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Secretario/a suplente

Rodríguez Cabo, Esperanza

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Otero Casal, María de la Paz

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal suplente

Pita Vázquez, David

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Vogal suplente

Rodríguez Vázquez, Luis Miguel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Odontólogo/a de atención primaria

Pediatra de atención primaria

Presidente/a titular

Pérez Cobeta, Rosa

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Secretario/a titular

Rodríguez Cabo, Esperanza

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Barreiro Arceiz, Carolina

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal titular

García Reboredo, María

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal titular

San José González, Miguel Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Presidente/a suplente

Otero Esteban, José Jorge

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Secretario/a suplente

Rodriguez Herbón, Gloria Belén

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

García García, Miriam

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal suplente

Martínez Abad, Pablo

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria

Vogal suplente

Martínez Bugarín, Raquel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Pediatra de atención primaria