Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 153/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 153/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Cao Brey, Andrés Rosende Rico, Lucía Pena Torres, María Barreiro Ramos, Consuelo Rocha Romero, Sara Balado Tarrío, Azucena Mateos Cela, contra Banco Sabadell, Instalaciones Hoteleras, S.A. e Hostelería Unida, S.A., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, José Manuel Calavia Molinero, Josep Pujolras Nonell, Roca Junyet SLP, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Procede aclarar a sentenza con data do 23 de marzo de 2017 no sentido sinalado no fundamento xurídico segundo e terceiro desta resolución.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo Carolina Nores Díaz, maxistrada titular do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instalaciones Hoteleras, S.A. e Hostelería Unida, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza