Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento da folla de valoración no expediente de expropiación IN627A 2015/20-0, no concello de Arzúa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento da folla de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación de gas denominada rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar, no concello de Arzúa (expediente IN627A 2015/20-0), correspondente ao predio e á titularidade que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 31 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN627A 2015/20-0.

Entidade beneficiaria: Gas Galicia SDG, S.A.

Denominación da instalación: rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 0,4 bar.

Concello: Arzúa.

Predio

Lugar

Titulares propostos

Incidencia

Data de ocupación

CO-AR-01

Río Vello

Herdeiros de Elena Álvarez Gil

Notificación infrutuosa

29.5.2017