Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de maio de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican as resolucións de perda total do dereito de cobramento da subvención, devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expediente TR807D-36-010-16 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan as resolucións de perda total do dereito de cobramento da subvención, devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para examinaren as resolucións da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, se poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a conselleira de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación. Así mesmo, cabe recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente: TR807D-36-010-16.

Interesada: Estilistas Lorma, S. Coop. Galega.

Resolución: perda total do dereito de cobramento da subvención.

Expediente: TR807D-36-011-16.

Interesada: Autorápido, S. Coop. Galega.

Resolución: perda total do dereito de cobramento da subvención.