Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2016/2982-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Stolt Sea Farm, S.A.

Domicilio social: rúa Letonia (Edificio Quercus), 2 A-B, 2, 2. 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: novo entroncamento en MT para planta de acuicultura.

Situación: Lg. Graña, s/n, Couso, Ribeira.

Características técnicas: liña de media tensión aérea, con inicio na liña de distribución PMR806, no apoio 87-3-4, condutor LA-56, lonxitude 20 m Al e remate no novo apoio proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, segundo os artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 20 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña