Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 1 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública e interese social para o conxunto das instalacións sitas en parte dentro do monte comunal de Portela e Trigal.

Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (Irosa) presentou a solicitude de declaración de utilidade pública e interese social para o conxunto de instalacións propiedade de Rocas Ornamentales, S.A. (Irosa) e de Samaca, que forman un establecemento de beneficio, sitas en parte dentro do monte comunal de Portela e Trigal. Para os efectos do artigo 113 da Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas (BOE núm. 176, do 24 de xullo), todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Curros Enríquez, 1-3º, 32003 Ourense) no prazo de vinte días.

Ourense, 1 de xuño de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense