Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (697/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento monitorio 697/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Balsa Ordóñez contra Transcoruña, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Acórdase o arquivamento destes autos de proceso monitorio, seguidos por instancia de José Antonio Balsa Ordóñez contra Transcoruña, S.L., logo de baixa nos libros correspondentes.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transcoruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza