Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28340

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO polo que se dá publicidade á Sentenza 596/2016, no P.O. 4523/2011 (expediente Planeamento urbanístico 2011002613).

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento ordinario 4523/2011, en relación co Decreto 187/2011, da Xunta de Galicia, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento, interposto por Eduardo Vázquez González e outros, ditouse Sentenza 00596/2016, do 6 de outubro, pola que se estima o recurso contencioso-administrativo interposto.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 107 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentenza, resólvese dar publicidade á súa parte dispositiva, que a seguir se transcribe:

«Resolvemos que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Vázquez González, Manuel Cantón Rodríguez, Soledad Gómez Cid, Manuel Meno Salgado, María Cabera García, Eladio Pérez Pérez, Manuel Corral Pereira, Adolfo Corral Martínez, José Corral Rivera, Nieves Corral Martínez, Dolores Ferreiro Corral, Amando Iglesias Moure, Sara María Cardama Corral, María Corral Pereira, José Pavón Iglesias, Peregrina Conde Corral, Milagros Ferreiro Corral, José Ramón Pérez Travieso e Bernardo Corral Pérez, contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, que acordou suspender parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do Concello de Ourense e aprobar a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento e, conforme o instado, anular o referido Decreto 187/2011, no concernente á ordenación urbanística provisional dos ámbitos de iniciativa privada AR-11-E; AR-14-E; AR-20-E; AR-36-E; AR-46-E; AR-06-b-N; AR-13-N; AR-16-N; AR-38-N; AR-40-b-N; AR-43-N; AR-14-b-O; AR-16-O; AR-40-O e SURBZ08-C; sen facer especial condena en custas.

Contra esta sentenza cabe interpor, ben ante o Tribunal Supremo, ben ante a correspondente sección desta sala, o recurso de casación previsto no artigo 86 da Lei xurisdicional, que se deberá preparar mediante escrito que se presentará nesta sala no prazo de trinta días e cumprindo os requisitos indicados no artigo 89.2 da dita lei».

Así mesmo, a Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou auto no sentido de inadmitir a trámite o recurso de casación núm. 124/2016, preparado pola Xunta de Galicia e polo Concello de Ourense, contra a Sentenza 00596/2016, do 6 de outubro, pronunciada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 15 de maio de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente