Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28216

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (121/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 121/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Paula Matilde Rioboo Vicos contra a empresa Portovello Construcciones y Servicios, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza

Na Coruña, dezaoito de maio de dous mil dezasete

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 121/2015 sendo parte neste, dun lado como demandante Paula Matilde Rioboo Vicos, representada polo letrado Benigno Groas Blanco e como demandado Portovello Construcciones y Servicios, S.L. que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Antecedentes de feito

Primeiro. Pola parte demandante presentouse demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na que, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo e este celebrouse na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluso o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Paula Rioboo Vicos, debo condenar e condeno a empresa Portovello Construcciones y Servicios, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 9.393,07 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por demora respecto da cantidade que ten carácter salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Portovello Construcciones y Servicios, S.L., así como ao seu administrador único, Juventino Belo Bergantiños, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Coruña, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza