Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 689/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 689/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Eugenio Becerra Expósito contra Inkjet 10, S.L., Alonso Madroño Fernández e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 9 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 689/2015, en que foron parte, como demandante/s, Manuel Eugenio Becerra Expósito, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro e, como demandado/s, Alonso Madroño Fernández e a entidade Inkjet 10, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Resolución estímase a demanda interposta por Manuel Eugenio Becerra Expósito fronte a Alonso Madroño Fernández e a entidade Inkjet 10, S.L. e, en consecuencia, condénanse solidariamente os demandados a aboar ao demandante a cantidade de 1.500 euros; e condénase a Alonso Madroño Fernández a lle aboar ao demandante a cantidade de 1.888,52 euros. En ambos os casos a cantidade obxecto de condena será incrementada co 10 % de xuro por mora, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu o beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite que consignou como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inkjet 10, S.L. e a Alonso Madroño Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza