Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28225

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 632/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 632/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Suárez Muíños contra Ana María Suárez Muíños e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 10 de maio de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 632/2015, en que foron parte, como demandante/s, Miguel Ángel Suárez Muíños, asistido polo letrado Sr. Pardo Montaña en substitución do letrado Sr. Quintela Miramontes e, como demandado/s, a empresa Ana María Suárez Muíños, que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Miguel Ángel Suárez Muíños fronte a Ana María Suárez Muíños e a entidade Inkjet 10, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 20.000 euros en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, a parte que non sexa traballador ou habente causa seu o beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta acredite que consignou como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, en que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ana María Suárez Muíños, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza