Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o expediente sancionador por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 40/2016).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non sexa posible efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que consta no anexo, polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

O interesado poderá comparecer, no prazo de 15 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 25 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (comercio)

Expediente

Acto

Concello

María Soledad Ruibal Crespo (Vintage Soul)

PO 40/2016

Resolución expediente

Pontevedra