Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 684/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 16.5.2017 no proceso seguido por instancia de Javier Antelo Lago contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. rexistrado co número PO 684/2015 acordouse notificar parte dispositiva do decreto de desistencia do 16.5.2017 ditado no procedemento a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o dezaseis de maio de dous mil dezasete.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por desistido a Javier Antelo Lago da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Únase testemuño da presente resolución ao procedemento e acumúlese ás presentes actuacións.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 18 de maio 2017

A letrada da Administración de xustiza