Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 82/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Neira Torres contra Hermanos Seoane, S.L., rexistrado co nº ETX 82/17, acordouse notificar a parte dispositiva do auto e do Decreto do 10 de maio de 2017, ditados no procedemento contra Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro:

«Auto 10.5.2017:

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Manuel Neira Torres, contra Hermanos Seoane, S.L., parte executada, por 8.036,38 euros, e de 1.840,67 euros en concepto de xuros de demora, máis 987,70 euros de xuros e custas provisorias, sen prexuízo de posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal esta fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª.

A maxistrada xuíza».

«Decreto 10.5.2017:

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Hermanos Seoane, S.L., dar audiencia previa á parte demandante José Manuel Neira Torres e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para poderen sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (art. 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código 5076 0000 64 0082 17 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza