Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 156/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 156/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Núñez Sande contra Lamela Pérez, S.L., Manuel Lamela Pérez, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

Declarar o executado Lamela Pérez, S.L., Manuel Lamela Pérez, en situación de insolvencia total por importe de 48.897,25 euros en concepto de principal máis 4.889,74 euros que se orzan para xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

E para que sirva para os efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza