Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27339

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolucións (ETX 146/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 146/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Penedo Albán contra José Ángel González Álvarez e o Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Sara Penedo Albán contra José Ángel González Álvarez e o Fondo de Garantía Salarial, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 LRXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación».

«Tendo presentado a traballadora Sara Penedo Albán pedimento exixindo o cumprimento polo empresario José Ángel González Álvarez da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución da sentenza 218/16, do 15 de xullo, de conformidade ao art. 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se tenten valer, e fixar o próximo día 8 de xuño de 2017 ás 13.45 horas para a celebración da comparecencia.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente, terase por desistida na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a José Ángel González Álvarez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza