Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 263/2017).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 263/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Maria del Carmen Graíño Romero

Abogado: Marcos Antonio Gómez Martínez

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 263/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Graiño Romero contra Plan C Restauración, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo María del Carmen Graiño Romero, contra a entidade Plan C Restauración, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante, con data do 5 de febreiro de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución (26.4.2017), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Plan C Restauración, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 7.932,28 €, e por salarios de tramitación a razón de 1.740,97 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Plan C Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza