Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27054

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a empresa Isidro de la Cal-Fresco.

Sen custo económico

11.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

Ata un máximo de 100.000,00 €

10.2.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local participativa (EDLP) no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020.

4.000.000,00 €

13.2.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca) para a promoción e a mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros.

66.792,00 €

5.4.2017

Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería do Mar para a dotación económica de bolsas de formación no estranxeiro para o alumnado e profesorado do Igafa.

Sen custo económico

10.4.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra.

90.000,00 €

21.4.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo.

27.000,00 €

21.4.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña.

90.000,00 €

21.4.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores.

90.000,00 €

21.4.2017