O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no primeiro cuadrimestre do ano 2017
Convenio |
Importe achegado pola AXI (€) |
Data da sinatura |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Galega da Construción para o intercambio de información en materia de contratación pública e do sector da construción civil. |
10.320,00 |
22.2.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Federación Galega de Ciclismo para o desenvolvemento de actuacións de fomento da seguridade viaria para ciclistas. |
9.000,00 |
29.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, a Consellería de Facenda e Endesa Generación, S.A. de reordenación do sistema viario do núcleo das Pontes para o cumprimento pola central térmica da Directiva 2010/75UE sobre emisións industriais. |
0,00 |
6.4.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a renovación das luminarias da Ponte do Milenio e a execución da instalación semafórica dos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. |
68.920,45 |
17.4.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Crecente para a execución de muros, reparacións de noiros e canalizacións na parroquia do Freixo. |
106.004,13 |
18.4.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade Faro de Vigo, S.A.U. para a elaboración e difusión no xornal Faro de Vigo de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
88.147,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade El Progreso de Lugo, S.L. para a elaboración e difusión no xornal El Progreso de Lugo de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
31.386,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade Ediciones Lérez, S.L.U. para a elaboración e difusión no xornal Diario de Pontevedra de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
13.356,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A. para a elaboración e difusión do xornal Atlántico Diario de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
4.674,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade La Región, S.A. para a elaboración e difusión no xornal La Región de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
29.048,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade Editorial Compostela, S.A. para a elaboración e difusión no xornal El Correo Gallego de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
21.369,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade editorial La Capital, S.L. para a elaboración e difusión nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
12.354,00 |
10.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U. para a elaboración e difusión no xornal La Opinión A Coruña de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
10.684,00 |
30.3.2017 |
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a entidade La Voz de Galicia, S.A. para a elaboración e difusión no xornal La Voz de Galicia de actuacións relacionadas coa seguridade viaria. |
144.982,00 |
30.3.2017 |