Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa-A Coruña), para seren notificados por comparecencia das resolucións de diversos recursos contra as bases definitivas da dita zona que os afectan.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados da zona de concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa-A Coruña) que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O acto foi ditado polo instrutor do expediente.

A comparecencia deberase efectuar na sede do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, 6º andar, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 25 de abril de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recurso nº 15 contra as bases definitivas.

Interesada: María Elena Gutiérrez Diego. Prop.: 476.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 18 contra as bases definitivas.

Interesado: José Luis Mariño Vázquez. Prop.: 267.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 27 contra as bases definitivas.

Interesado: Fernando Garea Monteagudo. Prop.: 226.

Acto notificado: resolución.

Expediente: recurso nº 29 contra as bases definitivas.

Interesado: Jesús Blanco Vázquez. Prop.: 391.

Acto notificado: resolución.