Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2014/106/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, intentada esta, non se puido efectuar, notifícaselles o inicio do trámite de audiencia ás persoas interesadas que se indican a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente está á disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Lugo, 8 de maio de 2017

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 31.2.1 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: 2014/106/27.

Persoas interesadas: Wendy Chabur Álvarez e John López Riaño.

Documentos identificativos: descoñecidos.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo de inicio do trámite de audiencia, do 5 de maio de 2017.