Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27047

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

Francisco Javier Abad Pardo
Secrerio xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2017

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o desenvolvemento do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo».

Regular a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo», desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña.

Este programa inclúe o deseño e a aplicación do tratamento terapéutico dos menores derivados polos equipos técnicos de menores da Consellería de Política Social, o seguimento e a avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores dos menores que estean recibindo o tratamento.

Para a súa execución, é preciso contar cun equipo de profesionais con suficiente formación e experiencia, coordinados e supervisados baixo unhas directrices e metodoloxía común, que debe constituír unha rede de calidade na avaliación e tratamento de menores que é obxecto deste convenio e que será seleccionado, formado e supervisado pola UIICF sobre a base de criterios científicos avalados por resultados de proxectos de investigación previos.

2.1.2017

179.136,24 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Meniños para a execución do Programa de «integración familiar».

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do Programa de integración familiar nas catro provincias da Comunidade Autónoma, a través do cal se promoverá e potenciará a adecuada atención e protección á infancia e á adolescencia por parte das súas familias, a través dunha intervención integral e especializada no propio contexto da familia afectada, estimulando capacidades, corrixindo déficits, promovendo cambios e reparando danos.

2.1.2017

418.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

18.4.2017

330.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Juansoñador para o desenvolvemento do programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para a infancia, adolescencia e familias

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación JuanSoñador, en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela e/ou garda da Xunta de Galicia poidan acceder ao programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias a través das liñas de actuación máis acomodadas segundo o caso.

21.4.2017

77.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para a realización do programa «Correspondentes universitarios»

Establecer a forma e as condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para a posta en marcha do programa «Correspondentes universitarios» entre o seu alumnado.

13.2.2017

Sen custo