Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27008

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2017.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do 16 de febreiro de 2017, cómpre efectuar as oportunas correccións:

Na páxina 7.690, nos parágrafos 3 e 4 do apartado 1 do artigo 4, onde di:

«– Programa II: aplicación 09.40.324C.470.0, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).

– Programa III: aplicación 09.40.324C.470.0, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).»,

Debe dicir:

«– Programa II: aplicación 09.40.324C.470.1, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).

– Programa III: aplicación 09.40.324C.470.2, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE)».

E na páxina 7.743, nos parágrafos 3 e 4 do artigo 54, onde di:

«Programa II: 900.000 € (09.40.324C.470.0)

Programa III: 70.000 € (09.40.324C.470.0)»,

Debe dicir:

«Programa II: 900.000 € (09.40.324C.470.1)

Programa III: 70.000 € (09.40.324C.470.2)».