A Dirección Xeral de Mobilidade mediante Resolución do 28 de abril de 2017, autorizou a transmisión do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-7072; XG-446, A Coruña-San Pedro de Présaras-Mezonzo, de titularidade de Autos S. Vázquez, S.L. a favor da empresa Arriva Noroeste, S.L.
Procede á súa publicación unha vez que se cumprimentaron os requisitos aos que se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e deberes do contrato.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017
Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade