Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica a transmisión dos contratos de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-7045; XG-419 e V-7074; XG-448.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante Resolución do 28 de abril de 2017, autorizou a transmisión dos contratos de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-7045; XG-419 A Coruña-Carballo e V-7074; XG-448 A Coruña-Fisterra, de titularidade da Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L. a favor de la empresa Arriva Noroeste, S.L.

Procede á súa publicación unha vez que se cumprimentaron os requisitos aos que se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e deberes do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade