Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se notifica a Resolución do 25 de xaneiro de 2017 pola que se suspenden as autorizacións de xestor de valorización e de almacenamento de residuos perigosos e non perigosos a Acteco Productos y Servicios, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a Acteco Productos y Servicios, S.L., con número de rexistro da autorización ambiental integrada 2015-IPPC-I-10_288, a Resolución do 25 de xaneiro de 2017 pola que se lle suspenden as autorizacións de xestor de valorización e de almacenamento de residuos perigosos e non perigosos.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento íntegro da dita resolución ou consultala na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático