Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26826

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2016-2017, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 165, do 1 de setembro de 2016, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 38774, na letra c) do punto 6 do artigo 20, onde di:

«c) Documentación acreditativa do pagamento realizado pola peme beneficiaria, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de execución do proxecto, así como o seu cargo en conta (...).

2º. Certificación bancaria orixinal conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución do proxecto (...).

3º. (...)»

Debe dicir:

1º. Xustificante de transferencia bancaria ou documentos mercantís utilizados como medios de pagamento emitidos e con vencemento dentro do período de xustificación do proxecto, así como o seu cargo na conta (...).

2º. Certificación bancaria orixinal conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de xustificación do proxecto (...).

3º. (...)»

– Na páxina 38775, na letra f) do punto 6 do artigo 20, onde di:

«f) Documentación acreditativa do pagamento realizado pola entidade colaboradora, por algún dos seguintes medios: