Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 22 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construcción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos da Laracha e Arteixo (expediente IN407A 2017/041-1).

Expediente: IN407A 2017/041-1.

Solicitante: Hidroelectrica de Laracha, S.L.

Denominación: novo centro de transformación de Cachada.

Concellos: A Laracha e Arteixo.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 20 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×150 mm2 Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio nº 18-11 proxectado e final no CT proxectado.

– Novo tramo LMTA a 15 kV existente, de 323 m, condutor tipo LA-56/54,6 Al, con orixe no apoio nº 18-8 existente da LMTA Cillobre-Estramil-Lendo, no treito da derivada ao CT Cachada (expediente 52.221), e final no apoio nº 18-11 proxectado, no que se realizará paso A/S.

– Retirada do treito da LMTA, de 415 m, con orixe no apoio nº 18-8 existente da LMTA Cillobre-Estramil-Lendo, no treito da derivada ao CT Cachada (expediente 52.221), e final no CT existente Cachada (expediente 52.221) tipo intemperie en pórtico.

– Novo CT Cachada prefabricado, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V. Realizarase a desmontaxe do CT existente Cachada (expediente 52.221) tipo intemperie en pórtico, mantendo un dos apoios para o amarre da RBTA existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2017/041.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: novo centro de transformación de Cachada.

Concellos: A Laracha e Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

– Concello da Laracha.

Número de predio: 2.

Lugar: O Castro.

Cultivo: labor.

Nome e apelidos: Ramiro López Varela.

Afeccións: metros lineais aéreos 53. Metros cadrados aéreos 843.

– Concello de Arteixo.

Número de predio: 3.

Lugar: O Castro.

Cultivo: labor.

Nome e apelidos: Ramiro López Varela.

Apoio: número 18-9, 2 m2-18-10, 2 m2.

Afeccións: metros lineais aéreos 237. Metros cadrados aéreos 3778.

Número de predio: 4.

Lugar: O Castro.

Cultivo: urbana.

Nome e apelidos: Ramiro López Varela.

Apoio: número 18-1, 10 m2. Centro transformación (CT), 24 m2-Acceso CT, 98 m2.

Afeccións: metros lineais aéreos 13, metros lineais subterráneos 1, metros cadrados aéreos 231, metros cadrados subterráneos 7.