Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 681/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 681/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Félix Riveiro Vilas contra Inkjet 10, S.L., Fogasa, Alonso Madroño Fernández sobre ordinario, se ditou sentenza nº 267/2017 do 19 de abril de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 681/2015 sendo parte neste, como demandante, Félix Riveiro Vilas, asistido pola letrada Sra. Cancela Regueiro e, como demandado, Alonso Madroño Fernández e a entidade Inkjet 10, S.L., que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base no seguinte:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Felix Riveiro Vilas fronte a Alonso Madroño Fernández e a entidade Inkjet 10, S.L. e, en consecuencia, condénase solidariamente aos demandados a aboar ao demandante a cantidade de 1.635,71 euros e condénase a Alonso Madroño Fernández a aboar ao demandante a cantidade de 2.822,18 euros. En ambos os dous casos, a cantidade obxecto de condena será incrementada no 10 % de xuro por mora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente-causa seu ou beneficiario do réxime público de Seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “Conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inkjet 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza