Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO rectificativo de licitación (expediente As-71/2016).

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 21 de abril de 2017, tómase coñecemento da Resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, do 24 de febreiro de 2017, pola que se estima o recurso interposto contra o prego de cláusulas administrativas particulares do contrato do servizo integral de xestión de aves urbanas no termo municipal da Coruña con criterios de benestar animal e sustentabilidade (As-71/2016) e declárase a nulidade da cláusula 18.1 e da epígrafe F do anexo I do mencionado prego regulador da contratación, coa consecuente aprobación do novo prego rectificado.

En consecuencia, iníciase un novo prazo de presentación de ofertas, polo que se modifica o anuncio publicado nese DOG do 30 de xaneiro pasado, núm. 20, páxina 4356, exclusivamente no seu punto 8, que queda redactado do seguinte modo:

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 14 de xuño de 2017.

A Coruña, 9 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Teniente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social