Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria para a contratación de dous operarios de servizos varios na modalidade de traballo eventual por circunstancias da produción.

Mediante Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2017, convócase proceso de selección para a contratación urxente con carácter temporal, a xornada completa, mediante o sistema de oposición libre, de dous operarios de servizos varios na modalidade de traballo eventual por circunstancias da produción.

O período de contratación é de seis meses.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na páxina web do Concello.

Arzúa, 10 de maio de 2017

José Luis García López
Alcalde