Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26587

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (144/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 144/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Iván Cerqueiras Vázquez contra Limpiezas Secope, S.A. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño despachar orde xeral de execución a favor do executante, José Iván Cerqueiras Vázquez, contra Limpiezas Secope, S.A. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), parte executada, por importe de 3.881,68 euros en concepto de principal (3.100,70 euros + 682,02 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) + 98,96 euros de xuros do artigo 1.108 do Código civil (CC), máis outros 388,16 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Limpiezas Secope, S.A., dar audiencia previa á parte demandante, José Iván Cerqueiras Vázquez, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, ante o/a letrado/a da Administración, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto da resolución impugnada».

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza