Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

RESOLUCIÓN de nomeamento de Obdulio Iglesias Otero como xefe da Policía Local, mediante libre designación.

Considerando que Obdulio Iglesias Otero reúne os requisitos sinalados nos puntos segundo e terceiro das bases para a provisión, por libre designación, do posto de traballo de xefe do corpo da Policía Local do Concello de Gondomar.

Considerando a acreditada experiencia en funcións de mando, así como os anos de servizo, estudos, cursos realizados e todos os méritos achegados por Obdulio Iglesias Otero.

En aplicación do disposto no artigo 27.1 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, que atribúe ao alcalde o nomeamento do xefe do corpo da policía local, polo sistema de libre designación, de acordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, tras a correspondente convocatoria pública.

En aplicación do disposto no Real decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público; na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Real decreto 896/1991 e, supletoriamente, no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e nas demais normas restantes que resulten de aplicación, esta alcaldía resolve:

1. Nomear a Obdulio Iglesias Otero como xefe do corpo da Policía Local do Concello de Gondomar.

Gondomar, 18 de maio de 2017

Juan F. Ferreira González
Alcalde