Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26423

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva de reactivos para a análise do quimerismo en pacientes transplantados de medula ósea.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Administración (Contratación).

c) Número de expediente: NB-FMX1-17-001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos para a análise do quimerismo en pacientes transplantados de medula ósea, na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: non.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (alínea d) do artigo 170 TRLCSP).

4. Valor estimado do contrato: 116.138,00 € (IVE non incluído).

5. Orzamento base de licitación: 116.138,00 € (IVE non incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de abril de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 10 de maio de 2017.

c) Contratista: Diagnostica Longwood, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: 116.138,00 (IVE non incluído).

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

Ángel Carracedo Álvarez
Director executivo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica