Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26422

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación do Concello de Cerdedo-Cotobade na Deputación en materia de xestión de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do 27 de xaneiro de 2017, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Cerdedo-Cotobade, por acordo da Comisión Xestora na sesión do 24 de novembro de 2016, confirmando as delegacións efectuadas na Deputación Provincial de Pontevedra dos tributos xa delegados polos plenos dos concellos fusionados e ampliación á delegación para Cerdedo e Cotobade para inspección da liquidación da taxa do 1,5 %, así como emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva derivada desta e, para Cerdedo, a inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras así como a emisión, recadación e revisión da liquidación definitiva derivada destas.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2017

María del Carmen Silva Rego

Carlos Cuadrado Romay

Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra