Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26214

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de maio de 2017 pola que se modifica o calendario electoral para a renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Mediante a Orde do 3 de abril de 2017, e consonte co disposto no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, que regula no seu capítulo VI o réxime electoral dos consellos reguladores, convocáronse eleccións e ditáronse as normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, entre os cales está o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras (DOG núm. 67, do 5 de abril).

A Xunta Electoral do proceso, constituída por representantes da Administración, das organizacións profesionais agrarias máis representativas e de representantes das asociacións empresariais, na súa reunión do 29 de maio de 2017 acordou, como consecuencia de distintos recursos presentados sobre os censos aprobados polo Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, retrotraer o proceso electoral nas eleccións aos órganos de goberno dese consello, porque o Pleno do dito consello regulador adoptou unha serie de decisións que provocaron a exclusión do censo dun número importante de persoas, sen que se lles dese a posibilidade de defensa ante esta decisión.

O proceso electoral retrotraerase ao momento de exposición dos censos provisionais e autorízase a Administración para que acurte o máximo posible os prazos que constan no dito calendario, para posibilitar que as eleccións a este consello regulador se celebren o mesmo día das eleccións aos órganos de goberno dos restantes consellos reguladores.

Polo anterior, logo da decisión da Xunta Electoral e no uso das facultades que me confire o citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar o novo calendario electoral para a renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, que consta como anexo desta orde.

Segundo. Mantense como data de inicio de presentación de candidaturas a expresada no calendario contido na Orde do 3 de abril de 2017.

Terceiro. Este calendario produce efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I
Calendario electoral

Día (*)

Fase do proceso electoral

31.5.2017

Me

Inicio da exposición dos censos provisionais e do prazo para reclamacións sobre estes.

2.6.2017

Ve

Último día de prazo para a presentación de reclamacións sobre os censos ante o Consello Regulador

5.6.2017

Lu

Data límite para a resolución das reclamacións sobre o censo polo Pleno do Consello Regulador.

7.6.2017

Me

Fin do prazo de presentación de recursos sobre os censos ante a Xunta Electoral.

8.6.2017

Xo

Data límite para a resolución dos recursos sobre os censos pola Xunta Electoral.

9.6.2017

Ve

Exposición dos censos definitivos.

9.6.2017

Ve

Fin do prazo de presentación de candidaturas ante o Consello Regulador.

13.6.2017

Ma

Proclamación provisional de candidaturas polo Pleno do Consello Regulador e exposición pública. Primeiro sorteo para a designación dos membros das mesas.

15.6.2017

Xo

Fin do prazo de presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos ante o Consello Regulador.

19.6.2017

Lu

Data límite para a resolución das reclamacións polo Pleno do Consello Regulador.

21.6.2017

Me

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral.

26.6.2017

Lu

Data límite para a resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral e proclamación definitiva dos candidatos.

28.6.2017

Me

Fin do prazo de presentación de acordos electorais polas candidaturas.

29.6.2017

Xo

Comezo da campaña electoral.

7.7.2017

Ve

Fin da campaña electoral.

9.7.2017

Do

Constitución das mesas electorais e votación.

11.7.2017

Ma

Proclamación de vogais electos pola Xunta Electoral.

14.7.2017

Ve

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de vogais electos.

19.7.2017

Me

Data límite para a resolución dos recursos sobre a proclamación de vogais electos.

17.7.2017 a 28.7.2017

Lu
Ve

Toma de posesión dos vogais electos. Pleno constitutivo e proposta de persoas candidatas para ocupar a presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias.

(*) Nas fases que comprenden varios días, refírese ao último día do prazo, que remata este ás 14.00 horas dese día para os efectos de presentación de escritos, reclamacións, recursos e outra documentación.