Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitariada, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada en 24 lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da xestión de 109 comedores escolares desta consellería durante o curso 2017/18, coa reserva do lote 17 a centros especiais de emprego.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 881 99 51 88/981 54 54 80/981 54 44 61/981 54 44 28.

5º. Telefax: 981 54 54 43.

6º. Correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=165716

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición: xestión de comedores escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: 24 lotes definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), coa reserva do lote 17 a centros especiais de emprego.

d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o 30 de xuño de 2018.

f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar ata o 30 de xuño de 2019.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 10 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: Importe neto: 7.598.229,00 €. IVE 577.465,44 €. Importe total: 8.175.694,44 €, segundo se desagrega no anexo V do PCAP.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 6 do PCAP.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do oitavo día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura dos sobres B.

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas, ás 10 horas. De coincidir este en día inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios, a razón de 10,82 € por cada liña publicada, con excepción do lote 17.

10. Outros. Condición especial de contratación: de conformidade co establecido no artigo 118 do TRLCSP, a cobertura de riscos de responsabilidade civil e intoxicación alimentaria considérase condición especial de contratación, coas implicacións establecidas na cláusula 14.1 do PCAP.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educacion e Ordenación Universitaria