Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 30/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 30/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Luis Ferro Castro contra Intermasa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 13 de xullo de 2017, ás 10.45 horas, na sede deste xulgado, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada e en caso de non avinza, ás 10.50 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, no edifficio na rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o maxistrado.

Á vista do resultado negativo da dilixencia practicada polo SCNE, procede indagar o domicilio actual da demandada. Accédase para isto á rede de servizos do punto neutro xudicial e do seu resultado acordarase.

– Advírtase a parte demandante de que, en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, se considerará que desiste da súa demanda, e advírtese igualmente a parte demandada de que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto dos outrosís solicitados, para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, dou conta á SSª.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, dou conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Intermasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza